Mostrando entradas con la etiqueta A. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A. Mostrar todas las entradas

ABORDELAR

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Nome do alumn@: Adrián Mosquera Varela e Sergio Torrado Morado
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 29-11-2013
Nome d@ informante: Carmen Espiñeira
Idade:
Relación c@ alumn@: Profesora

VERBA: Abordelar
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Verbo.
FONÉTICA: Abordelar.
SIGNIFICADO: Reforzar en casos difíciles a xunta dun carro, arado… 
Usábase tamén en sentido figurado referido a apoiar ou axudar a unha persoa.

FRASE DE EXEMPLO:  Boa foi que o abordelara que senón aínda tiña o problema.

ADIVAL

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
Nome d@ informante: Mª Cármen
Idade:56
Relación c@ alumn@: Avoa

 VERBA: Adival
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: Adival
SIGNIFICADO: Corda grosa e longa para amañar a carga dos carros.
FRASE DE EXEMPLO: Meu avó o ano pasado fixo un adival para ensinarme como era e despois, regaloullo a un veciño para amarrar a carga dos carros.
CAUSAS DO DESUSO: A aparición dos tractores
TRADUCIÓN: Cabestro, cabestre, halter, halther, licol


APEAR

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
Nome d@ informante: Mª Carmen
Idade:56
Relación c@ alumn@: avoa
VERBA: Apear
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: apear
SIGNIFICADO: Unha corda trenzada que se pasaba por debaixo do pescozo ás vacas para termar do xugo.
FRASE DE EXEMPLO: A un veciño de miña tía, que é moi antigo e aínda utiliza o xugo , rompeulle o outro día o apear.
CAUSAS DO DESUSO: A chegada da maquinaria agrícola.

IMAXES:

ARREOS do CABALO

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea / Barrio / Lugar: Fraemelle
Nome do alumn@: Iván Deive Martínez
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 13/11/2013
Nome d@ informante: Erea Fernández Lence
Idade: 14
Relación c@ alumn@: Compañeira

VERBA: Arreos do cabalo.
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: Arreos do cabalo.
SIGNIFICADO: Son as pezas de coiro que se lle poñían no lombo para enganchar o cabalo a un apeiro de labranza.
FRASE DE EXEMPLO: Vou poñerlle os arreos ao cabalo que xa vai sendo hora de traballar.
CAUSAS DO DESUSO: Porque agora non se utilizan cabalos para arar.
TRADUCIÓN: Cavall d’arnès (catalán), arnesa zaldi (euskera).

IMAXES:

ARADO DE SURCAR



Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Verís
Aldea / Barrio / Lugar: Piñeiro
Nome do alumn@: Manuel García Coira
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 26/10/11
Nome d@ informante: Manuel García
Idade: 65
Relación c@ alumn@: Padriño







VERBA: Arado de surcar.
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
SIGNIFICADO: Arado que se usaba para surcar as leiras e estaba feito de vimbios trenzados.
FRASE DE EXEMPLO: Tráeme o arado de surcar que xa falta pouco para rematar este traballo.

AGUILLADA


Provincia:  
A Coruña
Concello:  Irixoa
Parroquia: Verís
Aldea / Barrio / Lugar: A Xesta
Nome do alumn@: Laura Sanjuan Cainzos
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 21/10/2011
Nome d@ informante: Maria Teresa
Idade:65
Relación c@ alumn@: avoa







VERBA: AGUILLADA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA:
SIGNIFICADO: Vara de madeira longa cunha punta de ferro no extremo, que se usaba para afalar o gando.
FRASE DE EXEMPLO: Colle a aguillada e vai buscar os bois.
CAUSAS DO DESUSO: Que non se usan os bois como antes para tirar do carro ou da zorra.
FAMILIA:  Aguillar.

ARTESA


Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea: Fraemelle
Nome do alumn@: Erea Fernández Lence
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 20-10-11
Nome d@ informante: Erea Fernández Lence
Idade:12
Relación c@ alumn@:







VERBA: ARTESA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.

SIGNIFICADO: Sitio onde se amasa o pan.
FRASE DE EXEMPLO: Onte amasamos o pan na artesa e logo tendémolo.
CAUSAS DO DESUSO: Deixouse de facer o pan na casa.
SINÓNIMOS: hucha, maseira, tulla.
IMAXES:

ALCOBA


Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Val Xestoso
Aldea / Barrio / Lugar: Canedo
Nome do alumn@: Cintia Grueiro Buján
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 5-10-11
Nome d@ informante: Chelo
Idade:
Relación c@ alumn@: veciña







VERBA : ALCOBA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino
SIGNIFICADO: Peza da casa normalmente pechada cunha cortina e moitas veces con acceso directo a outras pezas como a cociña.
FRASE DE EXEMPLO: Eu na cociña teño  sete alcobas.
CAUSAS DO DESUSO: Outro xeito de entender a vida nas casas.
IMAXES: