Mostrando entradas con la etiqueta C. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C. Mostrar todas las entradas

CAMBO

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar: Os Chaos
Nome do alumn@: Ángel Seijas Abeal
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:25-10-2013
Nome d@ informante:
Idade:13
Relación c@ alumn@:

VERBA: Cambo.                                                                                                                                         CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: Cambo.
SIGNIFICADO: Ferramenta en forma de vara de madeira cun gancho de ferro na punta para enganchar as froitas das árbores.                                                                                                                                 

FRASE DE EXEMPLO: Collín o cambo para poder chegar ás mazás máis altas. 

CRIBO

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Val Xestoso
Aldea / Barrio / Lugar: Rubeiras
Nome do alumn@: Ana González Fernández
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 20-11-2013
Nome d@ informante: Ascensino Fernández Pena
Idade:78
Relación c@ alumn@: Avó

VERBA: Cribo
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: substantivo, masculino.
FONÉTICA: cribo
SIGNIFICADO: Obxecto que se usaba para sacarlle o po e os anacos que non fosen cereais, aos cereais.
FRASE DE EXEMPLO: Utilicei o cribo para limpar o millo.
CAUSAS DO DESUSO: A chegada da maquinaria.
SINÓNIMOS: Peneira

TRADUCIÓN: castelán: cedazo; inglés, pepper; catalán, crivello; francés, crible; 
IMAXES:

CANADA

Provincia:  
A Coruña
Concello:  Irixoa
Parroquia: Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@: Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 29 de outubro de 2013

Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Idade:
73
Relación c@ alumn@:
Avoa

VERBA: Canada
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino
FONÉTICA: Canada
SIGNIFICADO: Recipiente con furadiños para facer queixos
FRASE DE EXEMPLO: Rompeu a canada mentres facía o queixo.
CAUSAS DO DESUSO: Séguese a usar o obxecto, pero o nome perdeuse.
SINÓNIMOS: canado
TRADUCIÓN: Castelán, canada

IMAXES:
Similar a esta:

CHAVELLA

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 25-10-13
Nome d@ informante: Mª Cármen
Idade:56
Relación c@ alumn@: avoa

VERBA: Chavella
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA: Chavella
SIGNIFICADO: Peza de madeira que se metía para tirar do carro das vacas.
FRASE DE EXEMPLO: Miña nai viu unha vez una chavella na casa de meus bisavós.

CAUSAS DO DESUSO: A aparición dos tractores e das máquinas eléctricas.
IMAXES:

CATRE

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 15-10-12
Nome d@ informante: Mª Carmen  
Idade:57
Relación c@ alumn@: avoa
VERBA: Catre
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: substantivo masculino.
FONÉTICA: catre
SIGNIFICADO: Un metálico (o somier que había antes) con pés de madeira que se lle podían recoller; moi parecido ao que seria hoxe unha cama abatible.
FRASE DE EXEMPLO: Na casa de meus tíos aínda conservan un catre, a meu padriño tráelle moitos recordos bos.
CAUSAS DO DESUSO: Os somieres metálicos.

IMAXES:

CUNQUEIRO

Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Airoa
Nome do alumn@:
Raúl Rodríguez Fernández
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
13 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
Isidro Fernández
Idade:
65
Relación c@ alumn@:
Avó

VERBA: Cunqueiro
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: cunqueiro
SIGNIFICADO: Moble situado na cociña onde se gardan as cuncas.
FRASE DE EXEMPLO: O  meu  irmán colocaba as cuncas no cunqueiro.
CAUSAS DO DESUSO: Hoxe en día nas cociñas, hai outros mobles máis modernos.

FAMILIA: cunca.

CANGALLA


Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@:
Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
25 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Idade:
73
Relación c@ alumn@:
Avoa

VERBA: Cangalla
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino
FONÉTICA: Cangalla
SIGNIFICADO: Oco no que se lle mete a cabeza á vaca, no xugo.
FRASE DE EXEMPLO: Á vaca non lle collía a cabeza na cangalla.
CAUSAS DO DESUSO: Xa non se utilizan os carros nin os xugos.
SINÓNIMOS: cancil, cangalleira, chancil.

TRADUCIÓN: Castelán, cangalla

CABEZALLA

Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@:
Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
25 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Idade:
73
Relación c@ alumn@:
Avoa

VERBA: Cabezalla
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA: Cabezalla
SIGNIFICADO: Pau que se utilizaba para mover o carro.
FRASE DE EXEMPLO: Rompeume a cabezalla do carro dos bois.
CAUSAS DO DESUSO: Hoxe en día xa non se utilizan carros, debido aos novos aparellos de labranza.
SINÓNIMOS: Boatalla, cabezallo, cabezoalla.
TRADUCIÓN: Castelán, timón; Catalán, timó; Inglés, ruddler; Francés, gouvernail.

IMAXES:

CRABUÑAR

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea / Barrio / Lugar: Fraemelle
Nome do alumn@: Iván Deive Martínez
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 13/11/2013
Nome d@ informante: Erea Fernández Lence
Idade: 14
Relación c@ alumn@: Compañeira

VERBA: Cravuñar
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Verbo
FONÉTICA: Cravuñar
SIGNIFICADO: Estirarlle a folla de corte á gadaña para así afiala.
FRASE DE EXEMPLO:  Vou cravuñar a gadaña, que agora xa está gastada e corta mal.
CAUSAS DO DESUSO: Porque agora xa non se utiliza moito a gadaña.
FAMILIA: Cravuño/a.

IMAXES: