Mostrando entradas con la etiqueta F. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta F. Mostrar todas las entradas

FERRADA

Provincia:  
A Coruña
Concello:  Irixoa
Parroquia: Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@: Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 29 de outubro de 2013

Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Idade:
73
Relación c@ alumn@:
Avoa

VERBA: Ferrada
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA: Ferrada
SIGNIFICADO: Recipiente metálico con forma de vaso e cun mango longo, que se usaba para beber ou coller líquidos doutro recipiente maior.
FRASE DE EXEMPLO: Deixa a ferrada na pila que vou beber.
CAUSAS DO DESUSO: Xa non se usa, agora hai vasos.
SINÓNIMOS: tanque, cacharolo
TRADUCIÓN: Castelán, ferrada

IMAXES:

FOUCIÑA

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea / Barrio / Lugar: Fraemelle
Nome do alumn@: Iván Deive Martínez
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 13/11/2013
Nome d@ informante: Erea Fernández Lence
Idade: 14
Relación c@ alumn@: Compañeira

VERBA: Fouciña
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA: Fouciña
SIGNIFICADO: Apeiro de labranza que se utilizaba para recoller os cereais.
FRASE DE EXEMPLO: Collín a fouciña para ir a segar a leira.
CAUSAS DO DESUSO: Pois que agora existen tractores que fan o traballo máis rápido.
FAMILIA: Fouce, Fouciño.
TRADUCIÓN: Sickle (inglés), orak (turco).

IMAXES:

FALDRIQUEIRA



Provincia:  
A Coruña
Concello:
Monfero
Parroquia:
Queixeiro
Aldea / Barrio / Lugar:
Ponte da Pedra
Nome do alumn@:
Andrea Brage Amado
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
4 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
María Andrea Silvar Blanco
Idade:
79 anos
Relación c@ alumn@:
Avoa








VERBA: Faldriqueira
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo, feminino, singular

SIGNIFICADO: Saia longa ata os pés que leva petos ocultos.
FRASE DE EXEMPLO: A muller levaba os cartos escondidos, levaba unha faldriqueira.
CAUSAS DO DESUSO: Desaparición do tipo de prenda.
TRADUCIÓN: Non ten traducción

FUSO




Provincia:  
A Coruña
Concello:Irixoa
Parroquia: Verís
Aldea / Barrio / Lugar: O Piñeiro
Nome do alumn@: Sergio García Coira
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:11-10-2013
Nome d@ informante: Moncha García Váquez
Idade: 64
Relación c@ alumn@: tía-avoa







VERBA: Fuso
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo, masculino, singular.
SIGNIFICADO: pau xeralmente de madeira cunha base circular por un lado e afiado polo outro, que serve para fiar facéndoo virar por un dos extremos de maneira que retorce a febra.
FRASE DE EXEMPLO: Pedro envolveu moita la neste fuso.
CAUSAS DO DESUSO: Que xa non se fía con la, senón que se compra o fío.
OBSERVACIÓNS: Era  bastante fácil envolver a la.
TRADUCIÓN: Castelán-fuso, Catalán-fus, Euskera-zona, Inglés-zone, Francés-uso .
IMAXES:

                 

FURNA


Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea: Fraemelle
Nome do alumn@: Erea Fernández Lence
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 27-10-11
Nome d@ informante: Manuel Leiras Fernández
Idade:78
Relación c@ alumn@: avó







VERBA: FURNA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
SIGNIFICADO: Lugar onde cae a brasa do forno.
FRASE DE EXEMPLO: A furna está chea.
CAUSAS DO DESUSO:  Deixouse de cocer na casa.
IMAXES:

FUNGUEIRO


Provincia:  
A Coruña
Concello:     Monfero
Parroquia: Queixeiro
Aldea: Vilafaíl
Nome do alumn@: Alexandra   Maria   Gheorghe
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 10-11-11
Nome d@ informante: Google
Idade
Relación c@ alumn@:







VERBA: FUNGUEIRO
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino
SIGNIFICADO: Cada unha das estacas grosas, curtas e afiadas que se colocan verticalmente polos lados do carro, para que non caia a carga ou para soste-los ladrais.
FRASE DE EXEMPLO: A   carga   pasaba   por   riba   dos   fungueiros. 
CAUSAS DO DESUSO: Os carros foron substituídos polos tractores.
SINÓNIMOS: fumeiro, estadullo 
IMAXES: