Mostrando entradas con la etiqueta L. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta L. Mostrar todas las entradas

LORO



Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia:
Aldea / Barrio / Lugar:
Nome do alumn@: Adrián Mosquera Varela
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 17-10-2013
Nome d@ informante: Manolo
Idade:
Relación c@ alumn@: Primo terceiro








VERBA: Loro
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino
SIGNIFICADO: É  un aro dobrado que se pon no centro do xugo das vacas para  que tiren.
FRASE DE EXEMPLO: As vacas tiraron do carro co loro roto.
CAUSAS DO DESUSO: Porque agora hai tractores.

LADRUÍZ



Provincia:  
A Coruña
Concello:
Monfero
Parroquia:
Queixeiro
Aldea / Barrio / Lugar:
Ponte da Pedra
Nome do alumn@:
Andrea Brage Amado
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
4 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
María Andrea Silvar Blanco
Idade:
79 anos
Relación c@ alumn@:
Avoa








VERBA: Ladruíz
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL:  Substantivo.
FONÉTICA: Ladríz

SIGNIFICADO: Cousa que é roubo. Feito de apoderarse alguén de algo, que lle pertence a outro.
FRASE DE EXEMPLO: A desaparición do moble foi un ladruíz.
FAMILIA: Ladra ( feminino de ladrón antigo)
SINÓNIMOS: Roubo, furto, ladroízo.
TRADUCIÓN: Castelán, robo; vasco, lapurreta; catalán, robatori; inglés, theft ; francés, un vol; alemán, diebstahl

LAGAREXO




Provincia:  
A Coruña
Concello:  Monfero
Parroquia: Queixeiro
Aldea / Barrio / Lugar: Ponte da Pedra
Nome do alumn@: Iván Deive
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 1/10/2013
Nome d@ informante:  Edita
Idade: 87
Relación c@ alumn@: Avoa







VERBA: Lagarexo
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
SIGNIFICADO: Broma que se fai durante unha vendima que consiste en fregar a cara dunha persoa cun acio de uvas.
 FRASE DE EXEMPLO:  Onte fixéronme un lagarexo recollendo as uvas.
CAUSAS DO DESUSO:  Polos cambios dos costumes, hoxe consideraríase unha broma moi pesada.
FAMILIA:  Lagar, lagarada.