Mostrando entradas con la etiqueta R. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta R. Mostrar todas las entradas

RASTRO

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Val Xestoso
Aldea / Barrio / Lugar: Rubeiras
Nome do alumn@: Ana González Fernández
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 20-11-2013
Nome d@ informante: Ascensino Fernández Pena
Idade:78
Relación c@ alumn@: Avó
VERBA: Rastro
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo, masculino.
FONÉTICA:
SIGNIFICADO: Obxecto de madeira que se enganchaba aos animais (mulas, vacas, bois) e sobre o cal se botaban cargas para transportalas a rastro.
FRASE DE EXEMPLO: Engancheille  o rastro ás mulas para que trouxesen os sacos.
CAUSAS DO DESUSO: A chegada da maquinaria.
FAMILIA: rastreiro, rastrón

RODICIO

Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@:
Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
25 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Idade:
73
Relación c@ alumn@:
Avoa

VERBA: Rodicio
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: Rodicio
SIGNIFICADO: Panca que serve para administrar auga ao muíño.
FRASE DE EXEMPLO: Tirou do rodicio e entrou a auga para moer o trigo.

CAUSAS DO DESUSO: Non hai muíños.

RETRIZA

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia:
Aldea / Barrio / Lugar:
Nome do alumn@: Adrián Mosquera Varela
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 24-10-2013
Nome d@ informante: Melita
Idade:60
Relación c@ alumn@: Avoa

VERBA: Retriza
SIGNIFICADO: É a peza que leva o xugo de madeira por detrás para aguantar a chabella pequeña.
FRASE DE EXEMPLO: Ao carro rompeulle a retriza e non se pode utilizar porque sen ela, as vacas non tiran ben do carro.  
CAUSAS DO DESUSO: Porque non hai carros.,

IMAXES:

REFAIXO



Provincia:  
A Coruña
Concello:  Monfero
Parroquia: Queixeiro
Aldea / Barrio / Lugar: Ponte da Pedra
Nome do alumn@: Iván Deive Martínez
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 1/10/2013
Nome d@ informante:  Paco
Idade: 65
Relación c@ alumn@: Avó








VERBA: Refaixo
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: Refaixo
SIGNIFICADO: Prenda de roupa interior feminina que se poñía por debaixo da saia.
FRASE DE EXEMPLO: Miña avoa levou un refaixo o día da súa voda.
CAUSAS DO DESUSO: Porque chegaron saias máis modernas que xa traían incluído o refaixo ou non o necesitaban.
OBSERVACIÓNS: Que desapareceu a verba porque tamén desapareceu a prenda.
TRADUCIÓN: Alcance (castelán) Range (inglés) Reichweite (alemán)
Imaxes:

RAÑO/A



Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@:  
Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
4 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Pedro Purriños Díaz
Idade:
73
77
Relación c@ alumn@:
Avoa
Avó








VERBA: Raño -a
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino ou feminino.
SIGNIFICADO: Ferramenta de labranza, composta por dous ou tres dentes e un mango.   
FRASE DE EXEMPLO: Miña avoa aínda utiliza o raño.
CAUSAS DO DESUSO: Deixouse de usar debido á aparición de novos aparellos de labranza.
SINÓNIMOS: Picaña, rancallo, cavón, gadario.

RAPA



Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea: Fraemelle
Nome do alumn@: Erea Fernández Lence
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 21-10-11
Nome d@ informante: Erea Fernández Lence
Idade:12
Relación c@ alumn@:







VERBA: RAPA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino
SIGNIFICADO: Utensilio parecido a unha pa para cortar a masa do pan.
FRASE DE EXEMPLO: A miña nai corta a masa coa rapa.
CAUSAS DO DESUSO: Deixouse de facer o pan na casa.
IMAXES: