Mostrando entradas con la etiqueta G. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta G. Mostrar todas las entradas

GADAÑO

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Xestoso
Aldea / Barrio / Lugar: O Sixto
Nome do alumn@:Sergio Torrado Morado
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:15-11-2013
Nome d@ informante: Suso Torrado Torrado
Idade:45
Relación c@ alumn@:Meu pai

VERBA: Gadaño
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino 
SIGNIFICADO: Instrumento que serve para cortar as silvas etc.
FRASE DE EXEMPLO: Eu aínda corto as silvas co gadaño.
CAUSAS DO DESUSO: Porque agora usase a desbrozadora.
OBSERVACIÓNS: Existe tamén  a gadaña que serve para cortar a herba e o  gadaño serve para cortar as silvas e cousas máis duras.

FAMILIA: Gadaña, gadañón.
IMAXES:

GOXO



Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Val Xestoso
Aldea / Barrio / Lugar: Canedo
Nome do alumn@:Tania Grueiro Buján
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: venres 28 de septembro de 2013
Nome d@ informante: 
 M Victoria Buján Rivas
Lino Grueiro Fernandez
Idade: 
38
 43
Relación c@ alumn@: nai e pai









VERBA:     GOXO
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino

SIGNIFICADO: Cesto feito por varas de vimbio.
FRASE DE EXEMPLO: O goxo está cheo de trigo.
CAUSAS DO DESUSO: Deixouse de usar porque foi substituido por materiais modernos como o plástico.
OBSERVACIÓNS: Tiña pouca duración , porque as varas ían podrecendo.
FAMILIA:   Cesteiro, cestador .
SINÓNIMOS: Cesto .
TRADUCIÓN: Castelán: cesto grande, Catalán, Euskera, Inglés: big basket, Francés: panier.

GRAMALLEIRA



Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@: Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
4 de outubro 2013
Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Pedro Purriños Díaz
Idade:
73
77
Relación c@ alumn@:
Avoa
Avó








VERBA: Gramalleira
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
SIGNIFICADO: Cadea pendurada sobre a lareira que serve para colgar os potes.
FRASE DE EXEMPLO: Utilicei a gramalleira para pendurar o pote.
CAUSAS DO DESUSO: Xa non se utilizan potes nin caldeiras; polo tanto, tampouco gramalleiras.
SINÓNIMOS: Camalleira, gamalleira, preganza
TRADUCIÓN: Castelán, gramalleira;

GADAÑÓN



Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Verís
Aldea / Barrio / Lugar: O Piñeiro
Nome do alumn@: Manuel García Coira
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 1/10/2011
Nome d@ informante: Toñito
Idade: 60~
Relación c@ alumn@: Veciño







VERBA: Gadañón
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo Masculino
FONÉTICA:
SIGNIFICADO: O gadañón é un utensilio que se usaba antigamente para rozar os montes.
FRASE DE EXEMPLO: ¿Onde está o gadañón?
CAUSAS DO DESUSO: Agora úsanse as motoserras, as desbrozadoras de man e as do tractor.
FAMILIA: Gadaña
IMAXES: