Mostrando entradas con la etiqueta E. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E. Mostrar todas las entradas

ESFOLLADOR

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 15-10-12
Nome d@ informante: Mª Carmen  
Idade:57
Relación c@ alumn@: avoa

VERBA: Esfollador
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: sustantivo masculino.
FONÉTICA: esfollador
SIGNIFICADO: Pau redondo e puntiagudo por un lado que se utilizaba para quitarlle as follas ás espigas do millo.
FRASE DE EXEMPLO: Meu avó fíxome un esfollador para esfollar o millo.
CAUSAS DO DESUSO: A chegada da maquinaria agrícola.

IMAXES:

ENXOVAL

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Coruxou
Nome do alumn@:Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 14/11/13
Nome d@ informante: Mª Carmen
Idade:57
Relación c@ alumn@: avoa

VERBA: Enxoval
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino, singular
FONÉTICA: enxoval
SIGNIFICADO: Conxunto de roupas (sabas, manteis, …) que a noiva levaba para a casa do home cando casaba.
FRASE DE EXEMPLO:  Miña avoa aínda conserva o seu enxoval de cando casou, ás veces ensíname as cousas todas que tiña.
CAUSAS DO DESUSO: Cando se empezaron a mercar esas cousas: sabas ,manteis… 
OBSERVACIÓNS: As mulleres pasaban varios anos preparando todo para o día en que  casaran.
TRADUCIÓN: trousseau,aixovar ,ajuar.

IMAXES:

EIRA

Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: San Fiz
Aldea / Barrio / Lugar: Fraemelle
Nome do alumn@: Iván Deive Martínez
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 13/11/2013
Nome d@ informante: Erea Fernández Lence
Idade: 14
Relación c@ alumn@: Compañeira

 Verba: Eira.
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino
FONÉTICA: Eira.
SIGNIFICADO: Lugar onde se mallaba.
FRASE DE EXEMPLO: Vou á eira recoller o maínzo.
CAUSAS DO DESUSO: Agora xa non se traballa tanto nelas.

FAMILIA: Leira, leirón.


ESCILLA


Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Vilachá
Aldea / Barrio / Lugar: O Casal
Nome do alumn@: Antía Gómez Ramos
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 20-10-2011
Nome d@ informante:
 Antolin e Felisa
Idade:
81 e 74 anos
Relación c@ alun@:
Avós paternos.







VERBA: ESCILLA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo ,feminino.
SIGNIFICADO: Serve para quitarlle a folla ós ourizos das castañas e apañalas. Parécese a unha gatilla.
FRASE DE EXEMPLO: Dáme a escilla , que vou apaña-las castañas.
CAUSAS DO DESUSO: Xa non se usa este instrumento.

ESPERÓN


Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Cepegal
Nome do alumn@: Sofía Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 8-10-2011
Nome d@ informante: Juan Manuel
Idade: 33
Relación c@ alumn@: tío







VERBA: ESPERÓN
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
SIGNIFICADO: Pedra de grao fino que se usaba para asentar o corte aos coitelos , fouciños ,…
FRASE DE EXEMPLO: Eu axeiteille o corte ao coitelo co esperón.
CAUSAS DO DESUSO:  Viñeron utensilios como a vidia, etc.