Mostrando entradas con la etiqueta P. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta P. Mostrar todas las entradas

PRESOIRO

Provincia:  
A Coruña
Concello:
Irixoa
Parroquia:
Ambroa
Aldea / Barrio / Lugar:
Vilar da Viña
Nome do alumn@:
Alba Rodríguez Purriños
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
25 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
Carmen Vidal Espiñeira
Idade:
73
Relación c@ alumn@:
Avoa

VERBA: Presoiro
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino.
FONÉTICA: Presoiro
SIGNIFICADO: Callo para facer o queixo.
FRASE DE EXEMPLO: Xoana utilizaba o presoiro para facer o queixo.
CAUSAS DO DESUSO: Agora utilizanse outro tipo de callos.

SINÓNIMOS: calleira, calleiro, callo.

PUXIGO

Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 15-10-12
Nome d@ informante: Mª Carmen  
Idade:57
Relación c@ alumn@: avoa
VERBA: Puxigo
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo masculino
FONÉTICA: Puxigho
SIGNIFICADO: Ventá pequena para pasar luz e ventililación ás cortes do gando.
FRASE DE EXEMPLO: Polo puxigo que había na casa da miña bisavoa , víase moi ben a corte.
CAUSAS DO DESUSO: Fixéronse naves grandes e moi ventiladas.

OBSERVACIÓNS:  A miña veciña teno  de ventá que dá ao cuarto de baño.
IMAXES:

PEROLA



Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Verís
Aldea / Barrio / Lugar: Cabanas
Nome do alumn@: Laura Rio Deibe
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
15-10-13
Nome d@ informante: Celina
Idade: 72
Relación c@ alumn@: Avoa








VERBA: Perola
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.

SIGNIFICADO: Pota grande, recipiente de metal en forma de cilindro ou de tronco cono, con tampa, que se usa para facer a comida.
FRASE DE EXEMPLO: Miña avoa  ten unha perola rota.
CAUSAS DO DESUSO: Substitución por utensilios máis modernos.
IMAXES:

PUXIGO



Provincia:  
A Coruña
Concello:
Monfero
Parroquia:
Queixeiro
Aldea / Barrio / Lugar:
Ponte da Pedra
Nome do alumn@:
Andrea Brage Amado
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
4 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
María Andrea Silvar Blanco
Idade:
79 anos
Relación c@ alumn@:
Avoa








VERBA: Puxigo
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo, masculino, singular
FONÉTICA: Puxigho

SIGNIFICADO: Nas portas divididas á metade, xeralmente das cortes, parte de enriba
FRASE DE EXEMPLO: O cabalo asoma a cabeza polo puxigo da porta.
CAUSAS DO DESUSO: Desaparición dese tipo de portas.
OBSERVACIÓNS: É unha palabra que ao escoitala non parece que teña ese significado

PISÓN



Provincia:  
A Coruña
Concello:
Monfero
Parroquia:
Queixeiro
Aldea / Barrio / Lugar:
Ponte da Pedra
Nome do alumn@:
Andrea Brage Amado
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
4 de outubro de 2013
Nome d@ informante:
María Andrea Silvar Blanco
Idade:
79 anos
Relación c@ alumn@:
Avoa








VERBA: Pisón
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo, masculino, singular

SIGNIFICADO: Utensilio para pisar vexetais e facer comida para as vacas
FRASE DE EXEMPLO: Cando meu avó era pequeno aprendeu a usar o pisón.
 CAUSAS DO DESUSO: Desaparición do traballo.
TRADUCIÓN: castelán,mortero; vasco, morteroak; catalán, morter; ingles, mortar; un mortier
IMAXES: