Mostrando entradas con la etiqueta M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta M. Mostrar todas las entradas

MARIPOSAS dos MORTOS


Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Lamela
Nome do alumn@: Ana Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida:
Nome d@ informante: Mª Carmen
Idade:56
Relación c@ alumn@: Avoa

VERBA: Mariposas dos mortos
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo.
FONÉTICA: Mariposas dos mortos
SIGNIFICADO: Unha especie de vela que ten un corcho redondo cunha mecha que se introducía nun vaso de aceite para alumear a un defunto.
FRASE DE EXEMPLO: Cando morreu meu veciño, puxeron as mariposas dos mortos para que puidésemos ver.
CAUSAS DO DESUSO: A chegada da electricidade.


MOLIDA



Provincia:  
A Coruña
Concello: Irixoa
Parroquia: Coruxou
Aldea / Barrio / Lugar: Cepegal
Nome do alumn@: Sofía Pena Freire
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 8-10-2011
Nome d@ informante: Juan Manuel
Idade: 33
Relación c@ alumn@: tío







VERBA: MOLIDA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
SIGNIFICADO: Peza de roupa, enrroscada en forma de círculo que se poñía na cabeza para levar a sella, etc.
FRASE DE EXEMPLO: Puxen a molida na cabeza para levar a sella á fonte.
CAUSAS DO DESUSO: Que agora non se transportan as cousas na cabeza.