Mostrando entradas con la etiqueta Z. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Z. Mostrar todas las entradas

ZOCA






Provincia:  
A Coruña
Concello: Monfero
Parroquia: Val Xestoso
Aldea / Barrio / Lugar: Canedo
Nome do alumn@:Tania Grueiro Buján
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: venres 28 de setembro de 2013
Nome d@ informante:
 M Victoria Buján Rivas
  Lino Grueiro Fernandez
Idade: 
38
43
Relación c@ alumn@: nai e pai



VERBA:  ZOCA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.

SIGNIFICADO:   Calzado feito de madeira de bidueiro.
FRASE DE EXEMPLO: A miña avoa ten unhas zocas de cando era pequena.
CAUSAS DO DESUSO: Deixouse de usar porque non hai que nas faga e porque o progreso trouxo calzado máis cómodo.
OBSERVACIÓNS: Eran bastante  pesadas  facian calos nos pés e eran difíciles de calzar.
FAMILIA: zoqueiro, zoquiñas
SINÓNIMOS:  zapato

ZORRA



Provincia:  
A Coruña
Concello:  Irixoa
Parroquia: Verís
Aldea / Barrio / Lugar: A Xesta
Nome do alumn@: Laura Sanjuan Cainzos
Curso: 
1º de ESO
Data da recollida: 21/10/2011
Nome d@ informante: Maria Teresa
Idade:65
Relación c@ alumn@: avoa







VERBA: ZORRA
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA:
SIGNIFICADO: Tipo de carro baixo e de rodas pequenas que se usaba  para as cargas máis pesadas tirado normalmente por bois.
FRASE DE EXEMPLO: Veu o canteiro cunha zorra cargada de pedra.
CAUSAS DO DESUSO: Que agora utilízanse vehículos a motor.