Provincia:
A Coruña
|
Concello: Monfero
|
Parroquia: San fiz
|
Aldea / Barrio /
Lugar: Rigueiro
|
||
Nome do
alumn@: Raquel Suárez Antón
|
Curso:
1º de ESO
|
Data da recollida:
|
|||
Nome d@ informante:
Teresa
|
Idade:58
|
Relación c@
alumn@:Madriña
|
|||
VERBA: Corripa
CLASIFICACIÓN GRAMATICAL: Substantivo feminino.
FONÉTICA:
SIGNIFICADO:
Lugar onde había un cerrado de pedra de forma circular cunha entrada no medio
das fragas para deixar os ourizos a secar e despois coller
as castañas.
FRASE DE EXEMPLO: Os ourizos están na
corripa dende o sábado.
CAUSAS DO DESUSO: Que co paso de tempo
foise abandoando porque a xente non vai recoller as castañas coma antes.
OBSERVACIÓNS: Nas fragas aínda se poden
apreciar restos de corripas.
FAMILIA: Corriza.